Sobre a defensa da Sanidade Pública galega

O  goberno de Feijóo  perpetrou unha brutal precarización do Servizo Galego de Saúde (Sergas), con toda unha cascada de recortes que preparan o camiño á privatización. Os recortes na saúde pública, segundo informa a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, superan os 506 millones de euros, e eliminaron 1.500 profesionais, entre eles 981 médicos e enfermeiros/as.

Uns recortes especialmente draconianos na atención primaria. A falla de recursos e de persoal non só provoca colas e que os cidadáns teñan que esperar días para seren atendidos, senón que os traballadores dos centros de saúde galegos teñan que atender medias de 40 a 50 pacientes diarios, o que impide unha atención de calidade e limita calquera posibilidade de realizar actividades de promoción, prevención, investigación ou traballo comunitario. 

“A decisión de supeditar a atención primaria ás xerencias hospitalarias, controladas por burócratas ao servizo de Feijóo e do  PP, supuxeron importantes recortes de persoal, orzamentos e equipamentos nos centros de saúde, que perderon calidade e capacidade resolutiva, mentras que a poboación enferma debe esperar días ou semanas para seren atendida»,  denunciaron unha e outra vez as organizacións da Marea Blanca galega. 

Unha situación tan insostible que provocou meses atrás a dimisión do 80% dos xefes de Servizo dos Centros de Saúde de Galicia -pola sobrecarga de traballo e a falla de tempo para atender adecuadamente aos seus pacientes- e masivas movilizacións. A última delas, unha masiva movilización contra o peche do paritorio de Verín (Ourense) que  obligou á Xunta a recuar.

Unha sanidade pública degradada, que ve preparado o camiño á súa privatización, paso a paso e «por partes».As multinacionais e fondos de inversión estranxeiros están desembarcando a ritmo crecente en Galicia, ben a través da Colaboración Público Privada -como é o caso do hospital de Vigo, construido e xestionado por Concessia- ou pola compra de centros privados concertados, como o Hospital Domínguez de Pontevedra ou o Quirón de A Coruña, adquiridos pola multinacional Fresenius. 

Fronte a esta situación, Recortes Cero esixe:

– Unha Lei de Defensa da Sanidade Publica, para reverter os recortes e os servizos privatizados polos gobernos do PP e Feijóo. Temos  que recuperar os máis de 500 millóns de euros recortados e os 1.500 profesionas eliminados.

– Auditar a débeda pública galega -que baixo os gobernos de Feijóo  pasou de 3.954 millóns de euros a 11.500 millóns- e renegociar unha moratoria do seu pago, ata que a economía galega non creza por riba do 3% e o paro non baixe do 10%, para adicar eses recursos a reverter os recortes sociais

– Unha moratoria no pago dos intereses da débeda e un 15% do capital, permitiría dispoñer de máis de 2.500 millóns de euros anuais, suficientes non só para reverter os recortes en Sanidade, senón tamén os do resto de partidas socias como Educación, Dependencia, Ciencia, Cultura…

Responder a EvaDuamn Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *