Os Candidatos. Sumando forzas por unha fronte ampla de unidade

En Galicia, varias canles progresistas decidiron sumar as súas augas para formar un torrente máis potente e caudaloso. 

Recortes Cero – Espazo Común – Os Verdes é un proxecto de unidade para formar unha fronte o máis ampla posible entre todos os sectores e capas sociais que sofren en Galicia os recortes, a precariedade e o abandono, e que aspiran a unha redistribución máis xusta da riqueza, á ampliación das liberdades e da democracia, ao impulso de políticas ecolóxicas que ao mesmo tempo xeren riqueza e emprego, e á defensa da Galicia rural dentro dunha España que non pode permitirse relegar e esquecer a provincias enteiras.

Recortes Cero-Grupo Verde, desde a  súa primeira aparición electoral en 2014, mantiveron unha traxectoria ascendente, converténdose nun dos principais referentes da esquerda extraparlamentaria. Unha esquerda que ten por bandeira a redistribución da riqueza para investila en beneficio dos intereses da maioría traballadora e de crear riqueza e emprego; a ampliación da democracia e a defensa da soberanía nacional fronte as imposicións e recortes que nos dita o FMI e Bruxelas; a defensa da paz e a neutralidade para España fronte aos plans de guerra de Trump, a OTAN e o Pentágono; e moi especialmente a defensa da unidade do pobo de todas as nacionalidades e rexións de España coma un valor progresista e imprescindible para calquera proxecto de transformación profunda do país e da sociedade.

Espazo Común -unha forza socialdemócrata, constitucionalista e galeguista- representa unha alternativa de progreso para Galicia, centrada principalmente na defensa das súas zonas máis abandonadas institucionalmente, como a provincia de Ourense, de rebeldía contra o destino de despoboación e emigración que se lle quere impoñer.

O cabeza de lista de Ourense, Fran Fraga, foi alcalde de Piñor durante 12 anos. Espazo Común conta ademais con 9 concelleiros en 4 poboacións de Ourense e organización en 11, ademais dun concelleiro en Tordoia, A Coruña. O seu portavoz, Patxi Vázquez foi secretario xeral do PsdeGa (PSOE en Galicia) e consejero autonómico de Medio Ambiente. 

Pero hai máis afluentes. Como Reforma Ley Electoral, unha organización cuxos membros proceden de Escaños en Blanco. O grupo SAIn (Solidaridad y Acción Internacionalista), organización de cristiáns de base a escala nacional, incorpora un candidato, e tamén Los Verdes de Porriño, en Pontevedra. Como tamén aporta candidatos Somos Ribadumia, unha candidatura municipal, ou Long Hope, unha veterana plataforma de 200 exmariñeiros galegos en Noruega, que loita polas súas pensións e que puxeron unha demanda  ao goberno de Oslo. 

Xuntas, suman. Unidas,  compleméntanse e enriquécense sen perder cadansúas  sinais de identidade. Este é o camiño da construción dunha Fronte Ampla para conquistar outro camiño para Galicia e España.

Candidatos de Espazo Común

Estes son algúns dos nomes cos que concorre Espazo Común nas listas da coalición

Francisco Fraga, cabeza de lista de Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes en Ourense En política desde 1999, foi alcalde de Piñor durante 12 anos, ademais de exportavoz do PSOE na Deputación de Ourense e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias

Jordi Blengua, que foi concelleiro en Guitiriz (Lugo), preséntase tamén por Espazo Común, pero pertence a Galiza Sempre, unha organización promovida por Manolo Martínez,  que foi deputado polo  PSdeGa e actualmente é alcalde de Becerreá (Lugo)

Carlos García, de A Coruña, é concelleiro en Tordoía

Candidatos independentes por unha Fronte Ampla de Unidade

As listas de Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes  nútrense de moitos outros candidatos independentes procedentes de organizacións de traballadores, municipalistas, ecoloxistas ou da loita social. Preséntase como candidata por Pontevedra a enfermeira Maria José VarelaFernando Ruiz, profesional do sector da sanidade, anteriormente concelleiro de Somos RibadumiaAlberto Paz e Manuel Otero dous candidatos de Noia e destacados membros de Long Hope, unha veterana organización de mariñeiros que traballaron na flota pesqueira norueguesa, e que levan longos anos  nunha batalla legal cos gobernos de Oslo para que recoñeza o dereito a pensión dos 12.000 mariñeiros que traballaron nese país. O candidato Juan Sabín é membro de SAIn (Solidaridad y Acción Internacionalista), organización de cristiáns de base de implantación nacional, e ademais de físico, cofundador e director dunha empresa de apoio técnico á comunidade científica. José Francisco Vicente é enxeñeiro técnico e profesor de tecnoloxía na   Coruña, ademais de activista no movemento ecoloxista de Os Verdes de Porriño. E Alfonso Casal é enxeñeiro náutico, e foi concelleiro por Eliximos Narón.

Responder a Dannyjal Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *