Actos de campaña – Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes-Municipalistas https://galicia.recortescero.es Sun, 14 Jun 2020 09:27:47 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.4.2 https://galicia.recortescero.es/wp-content/uploads/2016/08/cropped-Recortes-Cero-grupoverde-2-1024x1024-32x32.png Actos de campaña – Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes-Municipalistas https://galicia.recortescero.es 32 32 Espazo Común, movimiento ciudadano de acción política https://galicia.recortescero.es/2020/05/30/espazo-comun-movimiento-ciudadano-de-accion-politica/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=espazo-comun-movimiento-ciudadano-de-accion-politica https://galicia.recortescero.es/2020/05/30/espazo-comun-movimiento-ciudadano-de-accion-politica/#respond Sat, 30 May 2020 21:13:00 +0000 https://galicia.recortescero.es/?p=144 Espazo Común nace en el mes de abril de 2019 como un movimiento ciudadano de acción política. Liderados desde el primer día,  por el exsecretario del PsdeG-PSOE y candidato en 2012 a la Xunta de Galicia por este partido, Pachi Vázquez y formado por un amplio grupo de personas con y sin experiencia política previa.

El objetivo del grupo de gente que lo constituímos era y es dar voz a la ciudadanía en las instituciones. Llevar las opiniones e inquietudes del pueblo a donde ya sólo quedan grandes partidos convertidos en corporaciones, dedicados a escucharse a si mismos y a la defensa de intereses que, en demasiadas ocasiones,  se alejan de los generales.

Estatuarimente nos definimos como un partido progresista, socialdemócrata, galleguista, comprometidos con causas como el feminismo, la defensa del medio ambiente o la racionalización de los recursos públicos evitando que sean puestos al servicio de conceptos como privatización o beneficio.

Hasta ahora contamos con una única experiencia con las urnas a las que concurrimos en mayo de 2019 en el proceso de municipales. A pesar de que sólo tuvimos un mes para afrontarlas, conseguimos un resultado muy satisfactorio. Contamos con representación en los concellos de O Carballiño, Piñor, Maceda, Carballeda de Valdeorras, Amoeiro y Tordoia. En la provincia de Ourense conseguimos auparnos como cuarta fuerza en número de ediles, sólo por detrás de PP, PSOE y BNG.

En el futuro seguimos a seguir trabajando y creciendo dentro de nuestra humildad para dar cada vez más espacio a todas esas personas que quieren hacerse escuchar y luchan por caminar hacia una sociedad más equilibrada y mejor.

]]>
https://galicia.recortescero.es/2020/05/30/espazo-comun-movimiento-ciudadano-de-accion-politica/feed/ 0
Sobre o mundo rural e a Galicia baleirada https://galicia.recortescero.es/2020/05/28/sobre-o-mundo-rural-e-a-galicia-baleirada/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=sobre-o-mundo-rural-e-a-galicia-baleirada https://galicia.recortescero.es/2020/05/28/sobre-o-mundo-rural-e-a-galicia-baleirada/#respond Thu, 28 May 2020 18:07:00 +0000 https://galicia.recortescero.es/?p=196 Recortes Cero aposta pola creación de riqueza i emprego nas comarcas do interior galego. Galicia sofre dende hai anos as políticas impostas pola UE. A imposición de cotas ao leite e á pesca, e as subvencións para eliminar cultivos destruíron gran parte do tecido produtivo no campo galego e con eles, decenas de miles de empregos. Ao que hai que sumar os prezos en orixe que impoñen as grandes cadeas de alimentación, moitas veces por baixo do custo de produción, que levan á ruína ás pequenas explotacións agrícolas ou gandeiras. 

Todo isto e a falta de alternativas está na base da “Galicia baleirada”. 

Recortes Cero quere impulsar, xunto co resto de comunidades de España afectadas, a renegociación dos acordos con Bruxelas que atacan os intereses da agricultura, da gandaría e da pesca. E que as axudas da nova PAC estean ao servizo do desenvolvemento da produción e non ao servizo da súa destrución. 

Recortes Cero esixe: 

Crear un Fondo Autonómico de 2.000 millóns de euros, para investir na recuperación e modernización destes sectores, con atención especial á agricultura e á gandaría ecolóxicas e ás novas industrias vinculadas a sectores produtivos das comarcas do interior, que cre emprego e nova riqueza. 

Un fondo autonómico financiado con recursos dunha Reforma Fiscal Progresiva que suba os impostos aos que máis riqueza e máis beneficios acumulan: bancos, monopolios, multinacionais e grandes fortunas. 

-Impoñer un tramo autonómico do 20% ao Imposto de Sociedades para bancos e grandes empresas que operan en Galicia.

-Elevar o tramo autonómico do IRPF nunha escala progresiva a partir das rendas superiores a 150.000 euros anuais. 

Reducir fraude fiscal. Esta reforma fiscal permitiría recadar entre 5.000 e 7.000 millóns de euros adicionais

]]>
https://galicia.recortescero.es/2020/05/28/sobre-o-mundo-rural-e-a-galicia-baleirada/feed/ 0
Sobre a defensa da Sanidade Pública galega https://galicia.recortescero.es/2020/05/27/sobre-defender-la-sanidad-publica-gallega/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=sobre-defender-la-sanidad-publica-gallega https://galicia.recortescero.es/2020/05/27/sobre-defender-la-sanidad-publica-gallega/#respond Wed, 27 May 2020 16:27:00 +0000 https://galicia.recortescero.es/?p=141 O  goberno de Feijóo  perpetrou unha brutal precarización do Servizo Galego de Saúde (Sergas), con toda unha cascada de recortes que preparan o camiño á privatización. Os recortes na saúde pública, segundo informa a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, superan os 506 millones de euros, e eliminaron 1.500 profesionais, entre eles 981 médicos e enfermeiros/as.

Uns recortes especialmente draconianos na atención primaria. A falla de recursos e de persoal non só provoca colas e que os cidadáns teñan que esperar días para seren atendidos, senón que os traballadores dos centros de saúde galegos teñan que atender medias de 40 a 50 pacientes diarios, o que impide unha atención de calidade e limita calquera posibilidade de realizar actividades de promoción, prevención, investigación ou traballo comunitario. 

“A decisión de supeditar a atención primaria ás xerencias hospitalarias, controladas por burócratas ao servizo de Feijóo e do  PP, supuxeron importantes recortes de persoal, orzamentos e equipamentos nos centros de saúde, que perderon calidade e capacidade resolutiva, mentras que a poboación enferma debe esperar días ou semanas para seren atendida»,  denunciaron unha e outra vez as organizacións da Marea Blanca galega. 

Unha situación tan insostible que provocou meses atrás a dimisión do 80% dos xefes de Servizo dos Centros de Saúde de Galicia -pola sobrecarga de traballo e a falla de tempo para atender adecuadamente aos seus pacientes- e masivas movilizacións. A última delas, unha masiva movilización contra o peche do paritorio de Verín (Ourense) que  obligou á Xunta a recuar.

Unha sanidade pública degradada, que ve preparado o camiño á súa privatización, paso a paso e «por partes».As multinacionais e fondos de inversión estranxeiros están desembarcando a ritmo crecente en Galicia, ben a través da Colaboración Público Privada -como é o caso do hospital de Vigo, construido e xestionado por Concessia- ou pola compra de centros privados concertados, como o Hospital Domínguez de Pontevedra ou o Quirón de A Coruña, adquiridos pola multinacional Fresenius. 

Fronte a esta situación, Recortes Cero esixe:

– Unha Lei de Defensa da Sanidade Publica, para reverter os recortes e os servizos privatizados polos gobernos do PP e Feijóo. Temos  que recuperar os máis de 500 millóns de euros recortados e os 1.500 profesionas eliminados.

– Auditar a débeda pública galega -que baixo os gobernos de Feijóo  pasou de 3.954 millóns de euros a 11.500 millóns- e renegociar unha moratoria do seu pago, ata que a economía galega non creza por riba do 3% e o paro non baixe do 10%, para adicar eses recursos a reverter os recortes sociais

– Unha moratoria no pago dos intereses da débeda e un 15% do capital, permitiría dispoñer de máis de 2.500 millóns de euros anuais, suficientes non só para reverter os recortes en Sanidade, senón tamén os do resto de partidas socias como Educación, Dependencia, Ciencia, Cultura…

]]>
https://galicia.recortescero.es/2020/05/27/sobre-defender-la-sanidad-publica-gallega/feed/ 0