Manifiesto

 ADHERIRSE AL MANIFIESTO            APORTACIONES 

                                                   

Este 12 de xullo, a coalición Recortes Cero – Espazo Común – Os Verdes – Municipalistas estará presente en todos os colexios electorais de Galicia.

Nos últimos meses defendemos a unidade e a solidariedade, e agora para gañar á pandemia necesitamos poñer a saúde e a vida primeiro. A saúde de cada galego e de cada galega, pero tamén a defensa da saúde pública e da sanidade universal, porque gañar á pandemia é previla.

Ao mesmo tempo, enfrontámonos xa a unha dura crise económica e Galicia ocupa o furgón de cola en pensións, salarios e prestacións sociais, con importantes recortes, especialmente nas zonas rurais. A isto, hai que engadir o grave desequilibrio territorial que sofre a Galicia “baleirada” do interior.

Con todo, Galicia é unha comunidade con moitos recursos para saír da crise sen aceptar Nin Un Recorte Máis. Entón, ¿como facer fronte á crise poñendo a saúde e a vida primeiro?

Hai que Redistribuír a Riqueza.

Para aumentar o investimento en Sanidade e nos servizos públicos, subir salarios e pensións, para cambiar o modelo productivo, con novas enerxías e máis recursos en agricultura, gandería, pesca e na Galicia rural, loitando contra o cambio climático.

Recortes Cero – Espazo Común – Os Verdes – Municipalistas propoñémonos levar ao Parlamento Galego a loita contra a crise con cinco grandes proxectos:

  1. Unha Lei de Defensa da Sanidade Publica galega, para reverter os recortes e os servizos privatizados polos gobernos do PP e Feijoo. Unha lei que potencie a prevención e a saúde pública.
  2. A presentación no Congreso dos Deputados dunha proposta, do Parlamento de Galicia, de reforma para Blindar as Pensións na Constitución,, prohibindo a súa privatización e a perda de poder adquisitivo. Queren recortar as pensións e non o debemos permitir.
  3. Un Fondo Autonómico para pemes e autónomos, para recuperar e modernizar os sectores productivos, especialmente no interior; financiado cunha política Fiscal Progresiva na que contribúan máis os bancos, monopolios e grandes fortunas.
  4. Un Plan de Reindustrialización e Emprego, con recursos achegados polas entidades financeiras que foron rescatadas. Necesitamos recursos propios e emprego estable. Nin un paso atrás na defensa de Alcoa.
  5. Unha Lei Ambiental Integral que poña todos os recursos da nosa terra ao servizo da loita contra o cambio climático, que teña nos municipios a súa base de desenvolvemento.

O 12 de xullo, Recortes Cero – Espazo Común – Os Verdes – Municipalistas representa unha alternativa que pon a saúde e a vida primeiro, para saír da crise sen recortes e redistribuír a riqueza. Por iso, os e as abaixo asinantes, de diferentes tendencias ideolóxicas e políticas, chamamos ás organizacións políticas e sociais, activistas e profesionais progresistas a apoiar e difundir esta alternativa co seu voto.

Personalidades

Adrián Martínez – coordinadora RC, Adriana Torres – portavoz JUCE, Ana Muñoz – coordinadora RC, Antonina Rodrigo – escritora, Antonio Doñate – jurista, Antonio López – pintor, Benjamín Forcano – teólogo, Carmen Espiñeira – cabeza de lista de Lugo, Carmen Puig – portavoz Vecinos Municipalistas, Dolors Terradas – activista social, Esteban Cabal – portavoz Los Verdes – Grupo Verde, Félix Sabroso – director de cine y televisión, Fermín Cabal – director de cine, Fernando Colomo – director de cine, Francisco Fraga – cabeza de lista Ourense, Jorge Eines – director de teatro, José Antonio Lobato – actor, Juan José Millás – escritor, Juan Madrid – escritor, Kim Pérez – activista LGTBI, Lino Braxe – dramaturgo, Manuel Galiana – actor, Miguel Hermoso – director de cine, Nuria Suárez – portavoz Recortes Cero, Pachi Vázquez – presidente Espazo Común, Pastora Fernández – candidata a la Xunta, Pepicheck Farriol – diseñador, Ricardo Puchades – psicoanalista, Rosa Regás – escritora, Sara Puga – cabeza de lista de A Coruña, Víctor Coyote – músico, Violeta Tercedor – portavoz RC Andalucía, Xesús Couceiro – librero, Xoan Bernández – Real Academia Galega, Yolanda García – directora, Raquel Alvárez – excientifica del CSIC, Tito Ortiz – periodista

Firmantes

Alberto Paz – activista por las pensiones, Carlos García – concejal en Tordoia, Jordi Blengua – candidato EsCo, Juan José Raposo – 2º candidato Pontevedra, María Jesús López – candidata Ourense (EsCo), María José Varela – enfermera, María Rey – portavoz EsCo Pontevedra, Adela Martinez – mestra, Aitor Aceiro – ferroviario, Alejandro Veiga – electrónico, Alexandre Rodal – biotecnologo, Andreu Romaní – fotógrafo, Camilo Cores – médico, Carlos A. Balboa – cocinero, Carlos Gonzalez – licenciado en artes, Carlos Tellado- transportista, Carlos Vázquez- profesor jubilado, Carmen Espiñeira – maestra, Carmen Pérez – funcionaria de correos, Celia Lago – mestra, Cesar Estevez – administrativo, Chelo Bouzón – puericultora, Conchi Martinez – maestra, Elena Agras – Informática, Elias Vicente – transportista, Enrique Costas – funcionario, Ermitas Fernández – ama de casa, Estrella Mo – auditora, Fina Bujeiro – cajera, Gaspar Payan – jubilado, Gerardo Paredes – canteiro, Gilgleide de Andrade – filologa, Iñaki Barinaga – autonomo, Jacobo Castro – administrativo, Jesús Puga – jubilado, Jordi Muiños – Informática, Jose Alonso – rotulista, Jose Alvarez – profesor jubilado, José Maria González – Tecnico de mantenimiento, Jose Valiño – comerciante, Julia Insua – Administrativa, Lola López – profesora, Manuel A. Sanchez – fresador, Manuel Sanchez – autonomo, Mariano Soriano – editor, Marisa Martinez – subastadora, Marisa Prado – actriz, Matias Villarejo – médico, Mº Carmen Rey – sanitaria, Oli – músico, Pablo Rodriguez – procesador de carne, Paloma Veiga – administrativa, Pastora García – jubilada, Paulino García – fresador, Rebeca Costas – biologa, Rita Velasco – pas, Rosa Amil – jubilada, Saleta Barinaga – sociologa, Sergio Pérez – electricista, Susi Vigo – jubilada, Camila Martinez lozano Jubilada (profesora), Ramon Devesa Peña -empresario de centro especial empleo, Manuel Almeida Suarez -Catedratico ULL Jubilado, Juan Jose Gonzalez Pimental-operador comunicaciones, Jose Manuel Puig Alcara-arquitecto jubilado, Manuel Suarez, Barbara Retana, Antonio Gonzalez, Javier Sanchez Aranda, Maria Pilar Gomez, Antonio Muro -Jubilado (Ingeniero), Marc Vendrell, Yolanda Moreno Koch-doctora en filogogía hebrea, Pedro Borrego-médico, Jose Llunel-sacerdote, José Venancio-jubilado, Isabel Ramos-profesora jubilada, Jose Alberto Garcia-minero, Libertad Fernández-activista , Luis gallego-ex minero, Natalio , Javier Caruncho, Antonio Garcia-Galán-funcionario, Ximo Vilar – director de radio, Hassan Bensiamar – artista plastico