Sobre o mundo rural e a Galicia baleirada

Recortes Cero aposta pola creación de riqueza i emprego nas comarcas do interior galego. Galicia sofre dende hai anos as políticas impostas pola UE. A imposición de cotas ao leite e á pesca, e as subvencións para eliminar cultivos destruíron gran parte do tecido produtivo no campo galego e con eles, decenas de miles de empregos. Ao que hai que sumar os prezos en orixe que impoñen as grandes cadeas de alimentación, moitas veces por baixo do custo de produción, que levan á ruína ás pequenas explotacións agrícolas ou gandeiras. 

Todo isto e a falta de alternativas está na base da “Galicia baleirada”. 

Recortes Cero quere impulsar, xunto co resto de comunidades de España afectadas, a renegociación dos acordos con Bruxelas que atacan os intereses da agricultura, da gandaría e da pesca. E que as axudas da nova PAC estean ao servizo do desenvolvemento da produción e non ao servizo da súa destrución. 

Recortes Cero esixe: 

Crear un Fondo Autonómico de 2.000 millóns de euros, para investir na recuperación e modernización destes sectores, con atención especial á agricultura e á gandaría ecolóxicas e ás novas industrias vinculadas a sectores produtivos das comarcas do interior, que cre emprego e nova riqueza. 

Un fondo autonómico financiado con recursos dunha Reforma Fiscal Progresiva que suba os impostos aos que máis riqueza e máis beneficios acumulan: bancos, monopolios, multinacionais e grandes fortunas. 

-Impoñer un tramo autonómico do 20% ao Imposto de Sociedades para bancos e grandes empresas que operan en Galicia.

-Elevar o tramo autonómico do IRPF nunha escala progresiva a partir das rendas superiores a 150.000 euros anuais. 

Reducir fraude fiscal. Esta reforma fiscal permitiría recadar entre 5.000 e 7.000 millóns de euros adicionais

0 comentarios en “Sobre o mundo rural e a Galicia baleirada

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *