A LOITA DAS MULLERES

Dos 2,7 millóns de persoas que hai en Galicia, 1,4 millóns son mulleres, o 51.81% do total.

A  muller galega sofre especialmente non só as consecuencias dos recortes, o empobrecemento e a precariedade, senon a desigualdade e a violencia machista.

Recortes Cero propón:

-Implantar a igualdade salarial de homes e mulleres.

A fenda salarial entre homes e mulleres en Galicia é das máis altas de España. As galegas cobran 5.500 euros ao ano (un 24%) menos cos homes. Triplican aos homes nos tramos de salarios máis baixos e son as máis prexudicadas polos contratos parciais e temporais. O 63% de traballadores que cobran menos de 1.000 euros, son mulleres.

Coa redistribución salarial que propón Recortes Cero as mulleres serían especialmente beneficiadas, contribuindo decisivamente a pechar esta histórica fenda salarial.

-Acabar coas pensións de miseria que castigan especialmente ás mulleres.

As mulleres xubiladas galegas cobran un 38% menos cos homes: 618 euros de media, fronte aos 997 euros de media dos homes.

Destaca especialmente o colectivo das pensións de viuvez, cunha pensión media de apenas 539 euros mensuais. Unha discriminación de xénero nas pensións que está determinada por traballos peor remunerados e menos anos de cotización por atender á familia.

O complemento autonómico de pensións que propón Recortes Cero, para que ningún pensionista, home ou muller, cobre menos de 1.000 euros ao mes, é unha medida fundamental para reducir o empobrecemento das pensionistas galegas.

-Un acordo no parlamento galego para erradicar a violencia machista.

Que axude, protexa e repare ás vítimas. Aumentando a dotación orzamentaria que permita executar as medidas de protección ás vítimas. Que otorgue o mesmo tratamento, coidado e axudas ás vítimas de violencia machista que ás vítimas do terrorismo.

0 comentarios en “A LOITA DAS MULLERES

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *