REDISTRIBUÍR A RIQUEZA Á XUNTA

Galicia é a sexta comunidade autónoma por PIB. Os galegos producen cada ano 55.700 millóns de euros de nova riqueza. Pero cada vez está concentrada en menos mans. Como pon de manifesto o dato da Axencia Tributaria que di que Galicia é a «quinta comunidade con máis ricos» de España.

A política de austeridade e recortes ditada desde o FMI e Bruxelas, aplicada polos gobernos de Rajoy en España e de Feijoo en Galicia potencia esa insultante concentración e riqueza. Agravada pola submisión dos gobernos de Madrid e Santiago ás imposicións de Bruxelas para maior beneficio dos monopolios estranxeiros, franceses ou alemáns, á conta de empobrecer aos produtores galegos.

Desde o inicio da crise as políticas de recortes xustificáronse cunha grande mentira: a de que non hai diñeiro. E como no resto de España, o goberno de Feijoo xustificou os recortes no ensino, a educación, os recortes sociais ou en Ciencia como medidas “dolorosas pero inevitables”.

Durante o últimos sete anos saqueáronnos ao 90% da poboación, rebaixando os salarios, as pensións ou as prestacións sociais, a atención sanitaria e a educación dos nosos fillos.

Mentres que si había diñeiro para rescatar bancos, eléctricas ou construtoras de autoestradas.

Pero non só iso, durante estes anos endebedáronnos en 6.687 millóns de euros máis. Pero ningún destes miles de millóns foi aos cidadáns. Todo o contrario, de nós, ademais dos salarios e as pensións, leváronse 2.230 millóns de euros en recortes da nosa sanidade ou educación.

A débeda pública galega pasou de 3.954 millóns en 2008 a 10.641 millóns no primeiro trimestre de 2016. Cada galego, home, muller ou neno “debemos” aos donos da débeda galega (bancos e capital estranxeiro) 3.915 euros. E por esa débeda estamos a pagar cada ano 2.071 millóns, 350 millóns só en intereses. Si había e hai diñeiro! E xa sabemos quen o está levando todos estes anos: a gran banca, os donos da débeda, bancos e fondos de aquí e estranxeiros, os monopolios eléctricos e da construción e as multinacionais estranxeiras.

Redistribuír a riqueza para crear máis riqueza e  emprego. Hai que dar a volta a esta situación. E a alternativa está en redistribuír a riqueza para reactivar a economía, acabar co paro, reverter os recortes e axudar ás persoas.

Redistribuír a riqueza é poñer os enormes recursos que agora  monopolizan e gozan un pequeno puñado de grandes bancos, monopolios, multinacionais, o capital estranxeiro e as grandes fortunas de Galicia ao servizo do desenvolvemento da economía galega e unha saída da crise favorable á inmensa maioría da poboación.

Redistribuír a riqueza non é “repartila máis equitativamente” para que os ricos sexan un pouco menos ricos”, nin pode reducirse a “repartir mellor o diñeiro das Administracións”.

Porque non é posible elevar o nivel de vida da maioría, nin sequera “rescatar” a quen foi condenados á pobreza sen redistribuír a riqueza.

Recortes Cero – Grupo Verde queremos redistribuír a riqueza para poder destinar a inmensa riqueza e recursos de Galicia, decenas de miles de millóns de euros  monopolizados por unha ínfima minoría a impulsar a economía galega; a industrialización e a modernización do tecido productivo vinculados á creación de nova riqueza e emprego de calidade.

Publicado en
Sin categoría

0 comentarios en “REDISTRIBUÍR A RIQUEZA Á XUNTA

  1. Мы специалисты специалистов по поисковой оптимизации, специализирующихся на увеличении трафика и повышении рейтинга вашего сайта в поисковых системах.
    Наша команда достигли значительных результатов и готовы поделиться с вами нашими знаниями и опытом.
    Что мы можем вам предложить:
    рекламное агентство продвижение сайта цены
    • Анализ всех аспектов вашего сайта и разработка уникальной стратегии продвижения.
    • Улучшение контента и технических параметров вашего сайта для максимального эффекта.
    • Регулярное отслеживание и анализ результатов, с целью постоянного улучшения вашего онлайн-присутствия.
    Подробнее https://seo-prodvizhenie-ulyanovsk1.ru/
    Уже много клиентов оценили результаты: рост посещаемости, улучшение рейтинга в поисковых запросах и, конечно, увеличение прибыли. Мы готовы предоставить вам бесплатную консультацию, для обсуждения ваших потребностей и разработки стратегии продвижения, соответствующей вашим целям и бюджету.
    Не упустите возможность улучшить свой бизнес в онлайн-мире. Обращайтесь к нам уже сегодня.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *